sábado, 22 de mayo de 2010

Diferenzas?

Qué diferentes
estes montes
daquela terrachán
de máis alá;
de reixas imposibles
de poder saltar,
picudas son...
están para te matar.
Cando por tí intentes
a este lado cruzar
unha fronteira alta
que non podes alcanzar
esta ahi!
para os teus planes alterar.
Con ela din
que diferentes somos
amosémoslle agora
que non hai mellores pobos.
Viana, Verín,
Lobeira, A Estrada...
costa decidir
cal é a máis adecuada.
O mesmo pasa entón
con aqueles moriscos
que por vires aqui
poñen a súa vida en risco.

Non dubides pois,
na capacidade dun pobo
pois ti, gobernador
non es quen, sen seu apoio.
Escoitarnos deberías,
para poderen decidir
si o que estás a facer
non vai repercutir.
En feitos susceptibles
de seren influenciados
por mil mans sucias
que fican ó teu lado.

Déixanos VIVIR
coma nós decidamos;
déixanos DECIDIR
o camiño a percorrer;
déixanos SEGUIR
co que nalgun momento soñamos;
déixanos PERCIBIR
o que acontece por él.

No hay comentarios: