miércoles, 3 de febrero de 2010

Tempos de Bonanza

Moito argallamos
algo que dicir
agora xa esta dito
e toca divertir

Unha noite tola
co móbil nunha man
de camiño a casa
e dinlle a enviar.

Moitos fixemos
este xesto de loucura
o mobil con nos
e un intre de calentura

E asi van as cousas
risas e contos
a mensaxe maldita
deunos para moito

A noite chega, e queda
non quere sair
a noite chega, e queda
non podes fuxir,
a noite chega, e queda
podela sentir
a noite chega, e queda
ponte a vivir!

Non me arrepinto
asi cho digo
que si o escribin
foi con sentido

Senso mermado,
polo licor
musica en directo
non hai nada mellor

Letras, cancions
soando na mente
sin saber por qué
fun de valiente.

Nas prazas e rúas
da Ourense fluvial
con choiva e música
menudo festival!

A noite chega, e queda
non quere sair
a noite chega, e queda
non podes fuxir,
a noite chega, e queda
podela sentir
a noite chega, e queda
ponte a vivir!
Creative Commons License


Tiempos de bonanza by Rocio Garcia Fernandez-Echevarria is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License.