sábado, 26 de junio de 2010

Lamatumbá (e Lamatumberos)

Porque realmente vos debo moito,
tal vez risas, zicais lamentos;
todo está ainda por vir,
non chegou o noso momento.

Chegará, e de seguro
que vos escoitarán,
facendo caso das vosas verbas,
somos moitos os que estamos a pensar.

Seredes ó fin ceibes,
de toda melancolía,
que segue a colocar etiquetas...
ca cor da hipocresía.

A xente
escomeza a comprender,
que en Ourense...
hai máis cousas que o PP.


E chegarán ainda mais sorrisos,
tornará o sol a sair,
non haberá mais despedidas;
e nós, non teremos fin.

GRAZAS! por todo vos dou;
grazas por facerme sorrir,
grazas por chegarme ó corazon,
cando non conseguía latir.



P.D. Esto me pasa por vos escoitar...

miércoles, 2 de junio de 2010

FromVi

A miña conciencia
non pode acougar
a miña experiencia
non pode arrincar
a miña paciencia
ten seu final
a miña presencia
xa non ten rival.

O meu pensamento
quere conceder
o meu alento
sintese quecer
o meu sufrimento
non querer crecer
o meu invento
ten que sair ben.

A realidade
quereme sorrir
a dualidade
faime sufrir
a identidade
quero compartir
a finalidade
é o mesmo sentir.



Non serei
que soñe con acompañar
unha verba fermosa
co movemento da man.

Non serás
quen soñe con me arrincar
un sorriso ceibe
que che faga dubidar.



P.D. Nova letra + nova melodia = nova canción