sábado, 6 de marzo de 2010

Non sei

Odio realmente que estas verbas pasen pola miña mente.

Pois non sei como; non sei onde; non sei cando e non me chega o monte...Para fuxir de todo o que acontece.

Non podo chamar cando vos necesito, ou QUE CARALLO! si que podo pero non o fago porque penso que o voso e mais importante ca min. FODASE! (grande Pena por sempre - En ambos sentidos da frase)...

Chorando fico
chorando estou
meu corazon chora
non lle sei a solucion.

Algun dia teño que te levar o Pedreiriño, para que descubras ali o mellor dos teus sentidos,

a paz que ali hai,
a falta de sons,
a falta de todo...
levarate o teu interior.

A min polo menos funcionoume cando o fixen (ca miña amiga ó lado) non sei se che axudara pero creo que debes intentalo.

A pena me invade,
non sei si miña,
túa ou... Qué Carallo!,
da veciña!

Non soupen que dicir e non me arrepinto pois calque cousa que te dixera non iba a arranxar o teu sentimento.

Marchei chorando
polo que sentin
pois por primeira vez,
a un amigo
non soupen qué lle dicir.

Só me sinto agora
pois naide o meu redor,
pode falar con senso
do que lle acontece o meu corazon.

Si eu non son capaz a entenderme...como podo pretender que vos o fagades?

2 comentarios:

Oscar dijo...

Se non te entendes
e por que non te explicas
Se non te entenden
e por que non o intentan
Se o fan, e seguro que si
non o sabes porque non preguntas

Non sempre sairan as verbas adecuadas
mais a amizade e amor non as precisan.

Non sempre o dolor do mundo e maior co teu.
Non sempre se pode escoitar, as veces toca tamen falar

Un bico

Oscar dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.