jueves, 14 de enero de 2010

O meu amor esvarou

Durmo canda as túas notas,
sempre no meu ovido soan...
non quero chorar agora,
cando non estás, sen volta.

Perdín moito?
Non o creo,
non mires atrás,
non o merezo.

Dúbidas percorren a túa mente
máis podes entenderme;
non fiques ahí coma de pedra,
fuxe cara a túa terra ou non poderei conterme.

Parvo fuches, mais agora cansei,
ainda te quero, porque hei de negalo?
Mais moita xente me amosou
que si podo estar o seu lado.

Quérote na ialma,
dóeme só de pensalo,
máis agora, en calma,
querer a outros aínda non é doado.

Se non queres estar ó meu lado,
non teño que lle facer,
mais cando sexa feliz...
non mo veñas foder.

Tiveches oportunidades,
coñecía-los meus sentimentos
non só era por seren amigos,
senon para que te decataras do tempo.

Seis anos pasei dubidando
se cho decir ou non,
agora que xa o fixen...
ceibe é o meu corazon.

No hay comentarios: