martes, 26 de enero de 2010

IMPRODUCTIVIDADE:

Improductividade,
froito da soidade;
meu ben, aluméame,
non quero ter fame.

Do amor non se vive,
pero axuda, e a cousa sigue;
non dá de comer,
pero axúdate a recoller
verbas, para tí, con senso
e ainda que non estén nun lenzo;
representadas no pensamento,
ata conseguir deixarte sen alento.

Improductividade;
un pouco de soidade,
flúe por tí, meu ben;
o mellor de cada quén.

Voltei a un pasado alleo,
ou propio, xa non sei;
pero traballei arreo,
e din que non me equivoquei;
dúbidas me collen,
o meu ser estremécese;
xa foi, ¡non chove!,
meus ollos humedécense.

Improductividade;
ó fin da soidade,
pois invirto o tempo,
no que me pide o senso.

Tempo imparcial,
dun xeito irreal;
unha ollada ó reloxo,
fechados os ollos;
non quero pensar,
nos intres que hei pasar,
aínda que mos veñas roubar...
non sei se chos quero dar.

Improductivos todos,
ó fin, deste xeito, somos;
pois a compaña da soidade,
vén cas etapas de amor
e marcha co tempo e a idade.






Unha mañá cuasi produtiva!

Graciñas por me ler

Ro

No hay comentarios: